solidariedade galega
solidariedade galega

COLABORACIÓNS ESPECIAIS

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANTECEDENTES

No ano 2007, a solicitude da ONGD Fundemuni-ILLS, iniciáronse os primeiros contactos entre Solidariedade Galega e a Deputación Provincial da Coruña, sobre a posibilidade de que a entidade provincial financiase a construción do centro Instituto de Liderazgo de Las Segovias, a realizar no municipio de Mozonte, Departamento de Nueva Segovia, Nicaragua.

Nos anos 2008 e 2009, adquiríronse, por parte de Fundemuni-ILLS, os terreos necesarios para a construción do centro, e por parte de Solidariedade Galega, realizáronse as xestións encamiñadas á elaboración do proxecto e asesoramento técnico previo necesario, contando para elo coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Delegación da Coruña.

PRIMEIRA FASE DA CONSTRUCIÓN DO ILLS

No ano 2010, concretamente o 19 de febreiro de 2010, asínase convenio de colaboración entre Solidariedade Galega e Fundemuni-ILLS creando as bases de colaboración entre as dúas ONGD e conducentes á construción da 1ª fase do centro Instituto de Liderazgo de Las Segovias

Con data 14 de abril de 2010, preséntase formalmente ante a Deputación Provincial da Coruña, a solicitude de axuda para o financiamento da 1ª fase da construción do ILLS.

Con data 28 de maio de 2010, o pleno da entidade provincial adopta acordo de concesión dunha axuda de 30.000,00 €, e xunto coa achega Fundemuni-ILLS por importe de 24.815 €, resulta un investimento total de 54.815,00 €.

Con data 9 de xuño de 2010, asínase o convenio (número 75/2010) de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e Solidariedade Galega para o financiamento da construción do Instituto de Liderazgo de las Segovias.

Con data 28 de xaneiro de 2011, preséntase a xustificativa do convenio ante a Deputación Provincial e segundo o sinalado na cláusula sexta do convenio.

Con data 10 de marzo de 2011, inaugúrase esta 1ª fase do Instituto de Liderazgo de las Segovias.

Con data 26 de abril de 2011, por resolución da presidencia da entidade provincial 7418/2011, apróbase a xustificación e dáse por cumprido o convenio 75/2010.

SEGUNDA FASE DA CONSTRUCIÓN DO ILLS

Con data 18 de xaneiro de 2011, asínase convenio de colaboración entre Solidariedade Galega e Fundemuni-ILLS creando as bases de colaboración entre as dúas ONGD e conducentes á construción da 2ª fase do centro Instituto de Liderazgo de Las Segovias.

Con data 10 de marzo de 2011, coincidindo coa data de inauguración da lª fase de construción do ILLS, preséntase solicitude de axuda á Deputación Provincial da Coruña para o financiamento da segunda fase da construción do Instituto de Liderazgo de Las Segovias.

Con data 25 de marzo de 2011, o Pleno Corporativo da Deputación Provincial da Coruña, aproba a concesión dunha axuda/achega por importe de 34.000,00 €, e xunto cos 11.400,00 € que achega Fundemuni-ILLS, resulta un investimento total de 45.400,00 € para esta 2ª fase da construción do ILLS.

Con data 8 de xullo de 2011, asínase convenio de colaboración (143/2011) de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Ongd Solidariedade Galega, para o financiamento da construción da segunda fase do Instituto de Liderazgo de Las Segovias, en Nicaragua.

Con data 8 de marzo de 2012, preséntase a xustificativa do convenio ante a Deputación Provincial da Coruña e segundo o sinalado na cláusula sexta do convenio.

Con data 22 de setembro de 2012, inaugúrase esta 2ª fase do Instituto de Liderazgo de Las Segovias.

TERCEIRA FASE DA CONSTRUCIÓN DO ILLS

Con data 20 de febreiro de 2012, asínase convenio de colaboración entre Solidariedade Galega e Fundemuni-ILLS creando as bases de colaboración entre as dúas ONGD e conducentes á construción da 3ª fase do centro Instituto de Liderazgo de Las Segovias

Con data 8 de marzo de 2012, coincidindo coa data de presentación da xustificación do convenio 143/2011 correspondente á 2ª fase de construción do ILLS, preséntase solicitude de axuda á Deputación Provincial da Coruña para o financiamento da 3ª fase da construción do Instituto de Liderazgo de Las Segovias.

Con data 28 de setembro de 2012, o Pleno da Deputación Provincial da Coruña, aproba a concesión dunha achega por importe de 35.000,00 €, para o financiamento do proxecto “Construción da 3ª fase da do Instituto de Liderazgo de Las Segovias: segundo bloque de aulas, no municipio de Mozonte, Nueva Segovia, Nicargua”, e que xunto coa achega do ILLS, por importe de 18.338,39 €, resulta un investimento total de 53338,39 €.

Con data 5 de outubro de 2012, asínase convenio de colaboración (248/2012) de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a Ongd Solidariedade Galega, para o financiamento do proxecto “Construción da 3ª fase da do Instituto de Liderazgo de Las Segovias: segundo bloque de aulas, no municipio de Mozonte, Nueva Segovia, Nicargua”.

No mes de xullo de 2013, rematan as obras da 3ª fase, presentándose, ante a Deputación Provincial da Coruña a documentación xustificativa, durante o mes de agosto de 2013.

CUARTA FASE DA CONSTRUCIÓN DO ILLS

Con data 16 de febreiro de 2014, asínase convenio de colaboración entre a ONGD Solidariedade Galega e o Instituto de Liderazgo de Las Segovias para a construción da 4ª fase do ILLS: Cocina e comedor.

Con data 21 de febreiro de 2014, preséntase na Deputación Provincial da Coruña a solicitude de axuda para o cofinanciamento da 4ª fase do ILLS.

Con data 30 de xullo de 2014, en sesión plenaria ordinaria da Deputación Provincial da Coruña aprobou a concesión dunha axuda por importe de 35.000,00 € e, ao mesmo tempo, o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e a ONGD Solidariedade Galega, para o cofinanciamento do proxecto “Construción da 4ª fase do Instituto de Liderazgo de las Segovias,: Cociña e comedor, no municipio de Mozonte, Nueva Segovia, Nicaragua”, e que xunto coa achega do ILLS, por importe de 9.000,00 €, resulta un investimento total de 44.000,00 €.

Con data 30 de outubro de 2015, unha vez aprobada pola Xunta Directiva de Solidariedade Galega, preséntase a documentación xustificativa á Deputación Provincial da Coruña, e que por resolución do 22 de decembro de 2015 aprobou a xustificación presentada.

colabora con solidariedade galega

© 2007-2008 solidariedadegalega.org todolos dereitos reservados.
www.medweb.es. www.tawdis.net. Valid XHTML 1.0 Strict. Valid CSS