solidariedade galega
solidariedade galega

ONDE TRABALLAMOS

Dende a súa creación Solidariedade Galega realizou proxetos de cooperación, fundamentalmente en países de fala hispana, como son Perú, Honduras, Nicaragua e Guatemala, polas vantaxes da comunicación cos doentes e cos profesionais sanitarios.

Tamén enviou especialistas médicos aos campamentos de refuxiados saharuís en colaboración con outras ONGs que traballan nesa mesma zona. En 2012, en colaboración coa ONGD Azul en Acción, executouse un proxecto oftalmolóxico en Kara, república de Togo, que ten continuidade neste ano de 2013.

Todas estas rexións teñen uns índices de desenvolvemento moi baixos cunhas condicións sanitarias moi precarias debido ás importantes carencias de medios humanos e materiais.

colabora con solidariedade galega

© 2007-2008 solidariedadegalega.org todolos dereitos reservados.
www.medweb.es. www.tawdis.net. Valid XHTML 1.0 Strict. Valid CSS