solidariedade galega
solidariedade galega

PROXECTOS REALIZADOS


GALICIA 2003 A AUGA: FONTE DE DESENVOLVEMENTO
TIPO DE ACTIVIDADE Campaña de sensibilización. Obxetivo Xeral: Dar a coñecer a importancia dos recursos hídricos na productividade económica e no bienestar social das comunidades dos países do Sur aos alumnos da ESO.
EMPRAZAMENTO Galicia. Provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Concellos: Oleiros, O Rosal, A Estrada, Malpica, Monforte de Lemos, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
DATAS DE REALIZACIÓN 1 de Setembro do 2003 ao 1 de febreiro do 2004.
ACTIVIDADE REALIZADAS: Elaboración de trípticos informativos, carteis, pegatinas, etc.e a súa distribución entre ONGDs, oficinas de información xuvenís, colectivos sociais, etc.
Exposicións fotográficas intinerantes.
Festas da Auga en Pontevedra, Ourense e A Coruña coa participación de diferentes centros educativos públicos e privados.
Actividades de comercio xusto.
Obradoiros con alumnos da ESO en diferentes cidades galegas.
Actividades socioculturais: obras de teatro.
CONTRAPARTE LOCAL Solidariedade Internacional de Galicia.
RECURSOS HUMANOS: Responsable da Campaña: Lino González-Dopeso, presidente de "Solidariedade Galega".
Coordinación da Campaña: María Paz Gutiérrez, técnico de cooperación de "Solidariedade Internacional" de Galicia.
Monitores socioculturais: Mª José Caride Delgado. Mª Paz Gutiérrez.
Coordinadoras provinciais: Shirley Rodríguez Carballo (Lugo). Noemí Cochón Blanco (Pontevedra). Carolina Campos Alvárez (A Coruña). Berta Pérez-Varela( Ourense).
Colaboran: Alfredo Novoa (Tenente Alcalde de Oleiros). Fredy Taracena (director da ONG guatemalteca C&D). Miguel Angel Núñez(fotógrafo do xornal "Faro de Vigo") e Ramón Capotillo Cuadrado( fotógrafo do xornal "La Voz de Galicia").Noemí Cochón Blanco. Lara Campos Alvárez.
RECURSOS MATERIAIS: Trípticos, tarxetas-programa da campaña, carteis, pegatinas, lapis de cores, estuches de tela, material fotográfico. Entrevistas e anuncios en medios de comunicación (xornais, radio, TVG). Instalación de carpas.
ORZAMENTO: 7.840,97 €
colabora con solidariedade galega

© 2007-2008 solidariedadegalega.org todolos dereitos reservados.
www.medweb.es. www.tawdis.net. Valid XHTML 1.0 Strict. Valid CSS